Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.450 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: historia

  • 50 polos 50. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    50 POLOS 50 Xosé Carlos Rodríguez Rañón O pasado mes de outubro, Zara lanzou unha colección conmemorativa do seu 50º aniversario que contou coa colaboración de 50 artistas (Almodóvar, Rosalía, Annie Leibovitz, Kate Moss ou Naomi Campbell entre outros) de diferentes eidos creativos. Os seus beneficios foron para varias asociacións ecoloxistas e a estrea produciuse…

  • 23F? Aquí

    Como unha curiosidade na que se pode un mergullar, deixo a ligazón ós documentos liberados polo goberno sobre o 23F: https://www.lamoncloa.gob.es/consejodeministros/paginas/desclasificacion-documentos-23F.aspx A notar unha nota final nesa longa páxina de ligazóns: “Portal de la Transparencia Si dispone de indicios sobre la existencia de material clasificado relativo al 23-F que no figure en esta relación, podrá…

  • 25 anos, moita historia

    25 anos, moita historia É unha casualidade que o século e a Wikipedia se leven quince días: o século comezou o 1 de xaneiro de 2001 (por certo, o 1 de xaneiro é o día da liberación de obras ó dominio público unha vez caducados os dereitos de autor); a Wikipedia, o 15 de xaneiro…

  • FIDALGUÍA (III). PLEITOS E EXECUTORIAS. Pancho Campos Dorado

    FIDALGUÍA (III) PLEITOS E EXECUTORIAS Pancho Campos Dorado Continuando co relatado nos artigos precedentes, describiremos os trámites que os López Polido tiveron que seguir para conseguir ter, cada un deles, unha Carta Executoria de Fidalguía, que lles confería uns certos privilexios. En primeiro lugar, tiñan que solicitar e conseguir mediante un Procurador, unha carta de…

  • FIDALGUÍA (II). Xenealoxía. Pancho Campos Dorado

    FIDALGUÍA (II). Xenealoxía. Pancho Campos Dorado

    FIDALGUÍA (II)  XENEALOXÍA  Pancho Campos Dorado  O traballo máis laborioso de toda a busca foi facer a xenealoxía, situar aos membros e ramas familiares, cada un co seu predecesor correcto. Continuando o relato anterior, soubemos que: Juan López Polido e Josefa Díaz de Aguiar, nosos 6º avós agnaticios (liña paterna), tiveran tres fillos: 1. María…

  • Río Eo

    A modo de exercicio e lembranza: Río Eo Río Eo, río Eo, Canto poder che dan, río Eo, río Eo, mesmo ao te maltratar. Dende Fonteo ao mar, as túas augas doces baixando van. Na Pontenova pregúntanche onde as troitas están. En Santo Tirso botas e bicis á túa beira van, onde antes o facían…

  • FIDALGUÍA (I). Un manuscrito inédito. Pancho Campos Dorado

    FIDALGUÍA (I). Un manuscrito inédito. Pancho Campos Dorado

    FIDALGUÍA (I)  UN MANUSCRITO INÉDITO  Pancho Campos Dorado  Esta historia comeza a finais do ano 2006. Á morte de María Docobo González (f.8-Dec-2006) muller de Narciso Dorado Dorado, primo carnal de miña nai Inés Dorado López, el, fillo de Narciso Dorado López, patrucio da “Casa do Páxaro” da Áspara, e Inés, filla de José Ramón…

  • Lembrando a José María Rodríguez: obras escritas

    Lembrando a José María Rodríguez: obras escritas     Hoxe hai catro anos do pasamento de José María Rodríguez Díaz (1). Unha das primeiras cousas que me propuxen a continuación está aínda sen facer na súa meirande parte. Trátase de xuntar as súas obras escritas. Como mínimo, de indexalas nalgún lugar.    Coa publicación do libro…

  • BROTES VERDES. José María Rodríguez Díaz (2011)

    Unha crónica de José María sobre o maio de 2011. Atención sobre os exemplos que poñía daquela, vistos en perspectiva, tristemente non corroborados pola realidade. Sábado, 18 de junio de 2011 BROTES VERDES No se trata de aquellos brotes verdes de que nos hablaban los vates del PSOE, tanto el presidente ZParo como su ministra,…

  • ANA MARÍA GÓMEZ. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ANA MARÍA GÓMEZ Xosé Carlos Rodríguez Rañón Algún de vostedes coñece a esta muller viveirense? Se cadra, así, en principio, non, mais se lles digo que Maruja Mallo era o seu nome artístico, o misterio fica resolto ipso facto. É unha muller pola que eu sinto verdadeira fascinación. Pintora surrealista e vangardista nun mundo de…