Si, xa sei que este blog non vai moito diso, mais a relixión tamén é cultura e sociedade.
Hai anos, na wiki ‘Publicado en Ribadeo’, tiña cargado na rede a novena da Virxe de Vilaselán. Algo que coido é unha auténtica peza de museo, que non podo asegurar que fora escrita no XIX e sen modificacións posteriores, pero así parece nesta impresión de comezos deste século. O caso é que hoxe por hoxe non a dou localizado en internet nin nos discos duros que teño, despois da desaparición de Wikispaces e un pouco de desorde na copia de respaldo correspondente. O caso é que a conta dunha conversa o outro día, prometín repoñela na rede, e aquí queda:
Espero que vos aproveite. Non só porque coido que hoxe por hoxe é difícil atopala en papel, para quen quera facer a novena, senón tamén porque lela con curiosidade non deixa indiferente.

