Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Haberá autobuses para ir votar… curiosidades das primeiras eleccións municipais en democracia



Estas eleccións acudín por curiosidade ás ‘Comarcas’ correspondentes ás eleccións municipais en democracia, e pasoume Pancho Campos algunha información máis. Irei sacando algunha cousa, pero persoalmente impactoume o que atopei sobre as primeiras, 3 de abril de 1979.

Lembro que é ampliable cada imaxe premendo co rato sobre ela. Neste caso, é necesario o facelo pois o básico son os textos escaneados.

En diferentes ‘comarcas’ aparecen varios anuncios de candidaturas, cunha retórica que agora nos parecería totalmente inxenua, como se pode observar (o que non quita para que a actual sexa tamén inxenua).

Daquela había que animar a sacarse o medo do corpo, e a iso se adica por exemplo o PSOE, animando a votar en conciencia. Hoxe non se fai iso, e parece que o medo siga no corpo de moita xente. de calquera xeito, coido que pode explicarse parte da diferenza de participación neste punto.

A táboa da fe dos resultados expostos pola Comarca o 17 de abril, explicitando os votos por circunscrición, así como porcentaxe de votos emitidos contabilizados por cada partido e porcentaxe de representación acadado, o que beneficiou a CPI e perxudicou a CR (CD). Outra cousa sería o ver a porcentaxe de electores que votaron a partidos, pero non teño datos.

aínda que non aparecía a verba

democracia a miúdo, era un valor en alza que había que asegurarse, moitas veces sen separarse demasiado da traxectoria anterior, como nadando e gardando a roupa. é algo que se ve claramente no semanario.

Os resultados lembran á actual corporación: sen maioría absoluta, repetíronse os números actuais de concelleiros, se ben os nomes dos partidos non corresponden cos actuais, a excepción do PSOE.

Unha lembranza dun par de papeletas electorais da unha idea de que debeu ser difícil conseguir encher a lista: non aparecen suplentes a esgalla como agora, cando se fai gala dunha lista ampla aínda que se saiba que non é necesaria.

O que digo no título dos autobuses aparece na propaganda de UCD. Na táboa de resultados aparece CD por CR, como se lee na propaganda, pola organización que lle daba cobertura.

O primeiro pleno, adicado á organización interna, ben diferente da que agora hai…

E o artigo de comentario de Dionisio Franco, instando a non saírse do testo por se poidera aínda haber un re-cambio.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *