Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sello da Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo


Copio a nova de Correos.es sobre o selo presentado o sábado pola ministra en Ribadeo. Non dou detalles do acto (supoño que sairía nos xornais co listado de cargos presentes), pero si do selo, que coido máis importante, con 260 000 exemplares tirados:

== Puente de los Santos sobre
la Ría de Ribadeo ==
Data de Emisión 4/05/2013
Estampación Offset
Papel Estucado, engomado, fosforescente
Dentado 12 3/4 horizontal, 13 1/4 vertical
Tamaño do selo 74,64 x 28,8 mm (Horizontal)
Tamaño da folla bloque 105,6 x 79,2 mm (Horizontal)
Valor facial 2 €
Tirada 260.000 folla bloque

O selo dedicado á Ponte dos Santos sobre a Ría de Ribadeo, que une
os concellos de Castropol (Asturias) e Ribadeo (Lugo), é unha das que
responden á innovadora enxeñería civil.

Ficha e historia en http://www.correos.es/ss/Satellite/site/coleccion-1363182926562-galeria_sellos_filatelia/detalle_emision-sidioma=es_ES

Sobre a extensa ría de Ribadeo e para comunicar a comunidade galega e a
asturiana construíuse, entre 1983 e 1987, a Ponte dos Santos. A nova
ponte salvou a fenda que separaba a ría de Ribadeo, e facilitou as
comunicacións entre ambas as ribeiras.

A Ponte dos Santos ten unha lonxitude de 600 metros e inicialmente
construíuse cunha anchura de 12 metros para soportar unha estrada
normal. Entre 2007 e 2008 procedeuse ao desdobramento da ponte,
ampliándoa ata 24,60 metros de anchura, para permitir o paso da autovía
do Cantábrico (A-8). Na actualidade conta con catro carrís e dúas
beirarrúas. A ponte é de tipo alintelado, e está fabricada con vigas de
formigón armado, aceiro e madeira. Soporta un peso superior ás 1.200
toneladas.

A ponte recibe o nome dos santos das dúas capelas que se encontran a
cada lado da ría: San Román nas Figueiras, en Castropol, e San Miguel,
en Ribadeo.

Antes da construción da ponte, as comunicacións establecíanse cruzando a
ría en embarcacións ou dando un rodeo pola vella estrada que cruzaba
entre Vegadeo e Porto.

A emisión consta dunha folla bloque que reproduce unha vista aérea da
ría e da localidade de Ribadeo. No selo trepado insírese a moderna Ponte
dos Santos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *