Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.492 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Despertando a sociedade, onte en Ribadeo


Onte en Ribadeo houbo dúas xuntanzas para despertar á xente do seu letargo. O seu signo foi ben diferente. A primeira, foi nunha praza aberta, no mercado, da plataforma da sanidade de A Mariña, para recoller sinaturas. Poño primeiro a convocatoria, recollida de Fb (tamén saiu nos xornais como nova):


Plataforma Sanidade A Mariña

Ribadeo, un pobo esperto, sensibilizado cos recortes na sanidade pública en
xeral e o progresivo desmantelamento da sanidade pública na Mariña en
particular.



Un pobo preocupado e informado é máis difícil de
manipular e de manter na inacción e ao longo da mañá de hoxe así o
demostrou coas súas mostras de apoio, as súas
firmas, as súas preguntas, preocupacións e algunhas achegas económicas
para poder continuar desenvolvendo o labor de denuncia que esta
plataforma leva realizando dende hai 3 anos e que o goberno do PP quere
acalar mediante sancións económicas, represión e persecución cara a
aquelas voces que queren informar e concienciar sobre as nefastas
políticas sanitarias deste goberno neoliberal e as súas consecuencias
para a cidadanía da Mariña.

Grazas Ribadeo! Vémonos nos mercados e nas rúas por e para a defensa da sanidade pública xa que non nos van calar!

Supoño que as fotos sairán hoxe na edición impresa dos xornais; a estas horas non veo en internet máis que a que deixou o alcalde en Fb con cola ante a mesa cos papeis, e a deste artigo de crónica3. (correspondente á nota de prensa enviada, e que recibín tamén eu e reproduzo embaixo). Polo que di o alcalde, a recollida de sinaturas foi un éxito:

Hoxe no mercado, coa Plataforma en defensa da sanidade pública,
recollendo sinaturas de apoio a esta reivindicación. Estou abraiado
polas ringleiras de xente agardando para
asinar o manifesto de apoio e contribuir economicamente a axudar a
pagar a multa q lles impuxo a delegación do goberno pola manifestación
en Burela hai varias semanas. Multan por defender a sanidade pública e a
dignidade. Pois aquí vese a resposta do pobo!

 A segunda convocatoria chegoume tamén por internet/Fb, pero non a vin nos xornais, e se sae algo neles algo sobre que pasou, calculo que pouco será. Foi reducida en asistencia, en lugar cerrado (que non pechado, tanto pola asistencia libre como pola porta aberta). Aí vai:

 

Esta
tarde, a las 19 hrs., en el Lavadero de Ribadeo charla-debate sobre
propuestas de acción de la clase trabajadora desde la base, sin comités
de empresa, sin elecciones sindicales ni sindicatos subvencionados por
el estado. Hay otras formas de organizarse sin intermediarios.

A esta si que puiden e quixen ir. Aínda que polo visto, fun cunha idea equivocada, xa que se trataba de impulsar para formar o sindicato CNT en Ribadeo. Non sei se a cousa irá adiante, depois de que algunha ribadense se puxera en contacto con eles e viñeran ó que resultou ser unha charla presentación do sindicato abondo ilustrativa. Non sei o que dará de si, pero ogallá dé abondo.

En fin, dúas convocatorias que mobilizan un povo que coido que cada vez está máis sensibilizado e comprometido, aínda que entendo que o nivel de compromiso é aínda abondo baixo.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *