O título é para chamar a atención. Non sei se o alcalde irá/esta na/foi á procesión capitaneando ós fieis detrás del. Coido que se non tivera cargo algún, non iría de procesión. E aínda que así non fora, unha cousa é ir ou non a unha actividade segundo as crenzas particulares e outra, ir en representación institucional a unha actividade que non ten que ver coa institución e co significado de respaldo institucional.
Non sei se quedou claro… a cousa é que non vexo o motivo de que un alcalde, presidente dunha institución que a constitución declara que non ten carácter confesional, ten que estar comandando os fieis dunha confesión nun desfile, e ser comandado el mesmo (en representación institucional) como fiel. A constitución declara polo momento:
“Art. 16.3.Ningunha confesión terá carácter estatal. Os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as conseguintes relacións de cooperación coa Igrexa católica e as demais confesións.” (collido da páxina oficial, versión galega).
Ben, pero a cooperación é algo normal entre institucións. O comandar os fieis e ser comandado polo párroco ou a autoridade relixiosa que sexa é algo ben diferente.
Son as festas de Ribadeo. Festas relixiosas, ó que parece. Por iso se estenden días antes do da patroa e son organizadas por unha comisión eclesiástica. Por iso… coido que se debera distinguir entre unha festa, que é de todos, e unha advocación, que non o é. Quizáis non estaría de máis botar unha ollada a algún dos artigos que José Mª Rodríguez leva escrito sobre o tema de que a Igrexa sexa coberta polo estado, e viceversa, ou outras relacións nocivas. Deixo a ligazón ó último artigo do seu blog en relación ás procesións e tamén a outro último en relación ás festas e mercadeo:
http://cargadoiro.blogcindario.com/2011/07/00359-auroridades-civiles-en-las-procesiones.html
http://cargadoiro.blogcindario.com/2012/09/00394-recuperar-las-fiestas-patronales-de-ribadeo.html
Por certo, sí ía na procesión (nota posterior)