Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

E ti, sabes como se administra Ribadeo? Un caso: gasto en limpeza


Faigome a pregunta de xeito recurrente. Cada pouco hai novas, feitos… que a desencadean. Sabes como se administra Ribadeo? Como se toman as decisións, quen as toma, en base a que, os recursos que implican, de onde se obteñen?

E evidente que non podemos saber de todo. Pero se queremos vivir e exercer unha democracia real, necesitamos ter un mínimo de coñecementos e actuacións sobre ‘o tema’. É dicir, sobre como somos gobernados e os mecanismos de intervención que temos.

O certo é que esta volta a pregunta saltou por algo moi sinxelo: Onte nun xornal aparecían os datos de orzamento de limpeza dos concellos máis poboados de Galicia. Ordeeinos por gasto en limpeza por persoa, e logo por poboación. Os resultados:

Só como curiosidade, vemos que o concello de Vigo gasta por persoa un 50% máis nese tema que o de Pontevedra. O gasto por persoa non parece ter que ver (polo menos de xeito determinante) coa ruralidade do concello nin coa poboación. Habería que ir a procurar outras causas como determinantes. Tampouco podo xulgar sobre a relación coa limpeza efectiva (por algunhas das vilas non aparezo hai tempo), a máis de estar seguro que, como se di no artigo, que o centro estea máis ou menos limpo non implica que os barrios o estean.

Pois ben, agora a pregunta é: sabes canto gasta o concello de Ribadeo en limpeza? Deixo de novo a ligazón ó sitio oficial de difusión de datos sobre contas de entidades públicas do que dispoñemos en España.

Ealgo para ‘animar’: co número de habitantes de Ribadeo, se tivera o gasto por persoa de Pontevedra (é dicir, o menor das sete cidades), o gasto en limpeza andaría por 900 000 €. De ter o gasto correspondente a Vigo, a cousa levaría a 1 400 000 €.

É dicir, entre o 10 e o 15% do orzamento municipal. Ou, dito doutro xeito, como para sabelo.

Unha nota: Que inclúe o gasto en limpeza?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *