Que a tempo para que? Para as eleccións, claro!
O título e o primeiro parágrafo darían para o comezo dunha charla á vista do anuncio, onte, das obras de Ramón González II (penso que sería polo menos III, contando a parte ó norte, entre Doutro Moreda e Rodríguez Murias) Coido que si, chegará… despois de dous anos de esperar pola Xunta, segundo o alcalde. Máis ou menos o final de obra calculo que será para cando o parque infantil tamén remate a súa obra, que non lembro ben se é a terceira no que vai de século (o que nos daría 5 anos/reparación) ou máis.
Embaixo, un mapa coas capas dispoñibles en Open Street Map, no que se ven as rúas que rodean o mercado, e Ramón González entre elas.
Por certo, mirando ó mapa, coido que o reflectir cousas como as rúas peonís por cambio de cor, ou as fontes, non está nada mal. Póñoo con nomes de rúas porque teño notado que os nomes das rúas non se miran moito nos carteis (non sei se agora mellorará coas placas de Sargadelos).