Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

‘A Mariña, con máis presenza e poder na Deputación’


Certo que os medios teñen que procurar titulares impactantes para venderse (aínda que non teño moi claro por que tería que ser así ‘noutro mundo’). Certo que o que se escribe soe corresponder en boa parte co que se pensa (en prensa está demostrado que non na totalidade, e mesmo en ocasións, os intereses pasan por enriba do que sexa), pois son as propias ideas as que rematan en palabras.

Neste caso, o titular, en castelán, claro, está copiado do ‘medio escrito de maior difusión de Galicia’ e indica entre outras cousas, unha idea clara: congratulémonos, que o noso cacique está ao mando.

Para festexar cacique  

A cousa é: debemos facelo? ou poñernos a lamentar (e traballar, que se non, non vale) para tentar cambiar ‘as cousas’? ‘As cousas’ non é o apoio a un ou outro cacique, senón a mentalidade caciquil, o sistema que a permite e cultiva, a sociedade que se apoia en tal sistema.

Como outras veces, non importa que sexa ‘a dereita’ ou ‘a esquerda’, e pode dárselle moitas voltas e profundizar. Pero o básico é iso: seguimos ‘así’. E van… cantos séculos?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *