Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pantomimas e ficcións no teatro de monicreques


Véxome na necesidade de dicir algo sobre unha pantomima que é ó tempo unha ficción: a mantida onte entre dous políticos que quixeran seguir mantendo un coto cerrado de poder no seu beneficio.

Ficción de que son eles a alternativa, cando dun xeito ou outro, son o pasado. Pantomima teatral para unha posta en escea que se sabe (e se ten máis claro que nunca neste estado) que non é máis ca iso.

Hoxe sairán portadas e portadas adicadas ó acontecemento, e, dun ou outro xeito, non creo que falla falta ler moito entre líneas para rematar cunha conclusión: é certo que saír por televisión en parella sempre da máis popularidade á parella, pero perderon ambos. Perderon cando fixeron unha primeira parte insulsa, perderon cando falaron dunha corrupción descontrolada, perderon cando perderon os estribos, perderon cando pretendían ganarse un ó outro. Perderon cando mantiveron que eran o un ou ou o outro, perderon cando tiveron en conta ó pobo só para pedir o voto.

Perderon tamén cando fixeron ver que sen eles non había gobernabilidade…

O malo é que, con tanta perda, non hai un pobo ganador e si un perigo de contaxio das forzas políticas que poideran non estar contaxiadas polo momento (máis aló aínda da estreita marxe de manobra que poidan deixar os poderes fácticos ó mando da situación, incluídas, claro, institucións como o FMI e cía). Un contaxio que postraría ó pobo, a nós, por outra longa tempada máis, independentemente dos resultados.

Teatro de monicreques. Licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported. Andrew Butko

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *