Mentras a a portada da web de ACISA Ribadeo segue cun ‘volvemos pronto’ chantado nunha bonita imaxe da illa Pancha coa planta invasiva en flor (así, dende abril de 2015, aínda que polo interior hai ‘cousas‘), o seu Facebook non deixa de sorprendernos con actividades do máis diverso. A última polo momento, unha campaña enfocada ó ‘día da nai’, cunha representación da nai (e das fillas!) moi clara: princesiñas de rosa e consumistas. O título da campaña xa o deixa moi claro, ‘fashion nai’, e o cartel, máis aínda:
toma de pantalla co modelo de cartel coa ligazón para participar no concurso. |
Bonecas rosas, competindo por consumir fashion sendo animadas a golpe de subvención. A resposta na rede non se deixou esperar nun día no que se celebraba ‘laretas de igualdade‘, no que participaban por exemplo, vídeos coma este:
Algo abondo diferente. Non, non resulta raro algún comentario como ‘campaña
ridícula: o nome, os corazonciños, a cor rosa, os tules das faldiñas, a
nena vestida de maior, os lazos, o escote dos vestidos, a mamá
maquillando a neniña…”a zorregarnos o sexismo polas orellas, a lembrarnos que as nais somos só imaxe, obxecto de consumo, superficiais‘. Claro, os pais non saímos na campaña, é para nais; nós debemos ter asignado outro papel, como o de afirmar que a campaña queda moi bonita, coas mulleres no seu posto…
Ou sexa, unha campaña afondando diferencias que xa existen de antes, quizáis se podería dicir ‘a favor da corrente’ para vender máis.
Unha nota final para poñer un pouco de perspectiva a ‘fashion nai’. Traduzo fashion da wikipedia en inglés: Unha corrente ou tendencia, en constante cambio, favorecida por razóns frívolas, en lugar de prácticas, lóxicas ou intelectuais.
—
Nota unha semana posterior: entérome de que a campaña fashion nai foi retirada. Unha semana despois dos comentarios, non fun requerido para retirar ningunha imaxe.