Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Non á guerra. Nota sobre a concentración en Ribadeo para o 10 de marzo


Dunha foto de Suso Fernández

     O próximo xoves, día 10 de marzo terá lugar en Ribadeo, diante
do concello, a segunda concentración contra a guerra e a invasión da
Ucraína polos exércitos rusos e pola paz mundial. 

    A primeira concentración tivo lugar o pasado día 3 de marzo con asistencia
de máis de cen persoas e cóntase que na próxima se amplie ese número. 

    A
convocatoria foi realizada por un grupo de veciños y veciñas, maiormente
por redes sociais, e agora estanse a procurar contactos para extender as
movilizacións polos restantes concellos de
A Mariña e posiblemente crear unha plataforma aberta de libre
inscripción, se hai persoas que o desexen, e se se prolonga a gravísima
crise producida ca invasión da Ucraína. E sempre lembrando o risco real de
extensión da guerra e do uso de armas nucleares, que
podería dar ca extinción da especie humana.  

    Por este motivo convídase
ás persoas interesadas a poñerse en contacto co grupo convocante (móbil:
669752495).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *