Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.562 posts
43 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

NOTA INFORMATIVA DA AAVV POR NUESTRO FARO SOBRE O ECLIPSE E A FESTA NA ILLA PANCHA


NOTA INFORMATIVA DA AAVV POR NUESTRO FARO SOBRE O ECLIPSE E A FESTA NA ILLA PANCHA

        Xa pasaron trece anos dende que a Autoridade Portuaria puxo en marcha o Programa “Faros de España” para promover a privatización dos faros con fins turísticos e nalgún caso culturais. Once dende que se aprobou o proxecto do Faro da Illa Pancha, sen concurso público, e nove dende que o Defensor del Pueblo confirmou que a concesión carecía do Estudo de Impacto Ambiental, preceptivo de acordo ca lexislación europea, española e galega.  Dende 2017 os apartamentos turísticos da Illa Pancha veñen funcionando sen que se cumpran estas normas básicas do ordenamento xurídico e mais tarde a cafetería. Agora, con motivo do xa famosísimo eclipse anunciado para o próximo día doce de agosto, promóvese neste espazo unha festa privada, con música en directo e barra libre incluida, a un módico prezo accesible a tódolos petos no que entran as gafas axeitadas para contemplar a eclipse. Ao mesmo tempo o Concello de Ribadeo anuncia a prohibición de ver eclipse dende a Illa Pancha  por motivos de seguridade. Concretamente o concello edita un anuncio que di: “ZONAS PROHIBIDAS PARA A OBSERVACION DO ECLIPSE. Por motivos de seguridade e para garantir a conservación dos espazos públicos, durante a observación do eclipse estableceranse zonas de exclusión nos seguintes puntos: * Pasarela de madeira entre as Catedrais e Barreiros.* Areal da Praia das Catedrais. * Illa Pancha. * Infraestructura de madeira do Cargadoiro.

        En consecuencia a AAVV POR NUESTRO FARO dirixirase ao Concello de Ribadeo para pedir información sobre a contradición entre as medidas de seguridade no caso da Illa Pancha e a festa con gafas especiais e barra libre incluída. Asemade pedirase á Autoridade Portuaria un crarexamento sobre se este tipo de eventos encaixan nas condición da concesión e se non engaden un motivo mais para esixir o Estudo de Impacto Ambiental, cuxa carencia foi repetidamente denunciada polo Defensor del Pueblo.

Ribadeo, 8.8.26

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *