Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.462 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Autoorganización cidadá


Autoorganización cidadá

Non queda outra. A día de hoxe quen máis, quen menos, é consciente de que os políticos e a estrutura política da que colgan e que manexan, non dan abasto, e cóanselles por diversos furados zonas enteiras de vida e actividades vitais que non poden aspirar a controlar en serio. E iso, independentemente de que consideremos que o fagan ben ou mal. Digo ‘non dan abasto’ nun sentido amplo: non o dan no entorno que manexan, querendo manexalo todo por riba dos funcionarios mentres delegan neles de xeito amplo; non o dan porque non so se adican a xestión do común, senón que queren xestionar o seu propio, non sempre nesa orde; e non o dan porque o común tampouco abrangue grandes zonas que son privadas de cada un de nos, por moito que as veces queiran xestionalas -en particular quen di que todo debe ser privado-. Pode que sexan os mesmos políticos os que, ó tempo, están máis concienciados coas limitacións da súa parte de poder e máis presuntuosos pensando que todas as solucións teñen que vir deles. Chega con ver como tratan moitas veces a movementos sociais ou a xente en particular, aínda recoñecendo que uns e outros poden/podemos chegar a ser moi pesados e/ou a dicir cousas que ó final non teñen moita base. Polo demais, digo, como eles. Comportamento ese de querer mangonealo todo ó que se lle pode aplicar por desgraza o de que nada está máis lonxe da nosa realidade, se temos en conta a nosa ‘esfera social’, o entorno que coñecemos e no que vemos esas fisuras. Fisuras ás veces intencionadas e que fan imposible o correcto funcionamento do conxunto da estrutura sociopolítica.

Por outra banda, quizais debera dicir fóra do terreo do seu xogo, como tentei deixar claro no parágrafo anterior, estamos os individuos, agrupados na sociedade en conxunto e de xeito máis minucioso en asociacións e grupos, clubs e tendencias, … que tentamos controlar algo das nosas vidas e pouco a pouco imos sendo conscientes de que para poder facelo, temos que axudar á sociedade en conxunto a exercer un control efectivo sobre si mesma. Paradoxo? Non tanto nun tempo no que vemos a multinacionais facer prevalecer o capital por riba de estados nos que participan -ou deberan- decenas, mesmo centos de millóns de cidadáns. Empresas monolíticas que exercen de xeito ditatorial e que nos inoculan o desligamento dos máis mentres nos ligamos a cousas, que nos separan e mesmo axudan a poñernos en contra dos máis. Cousas polas que a máis pagaremos nunha transacción a esas empresas e que supoñen pasar a depender deses conglomerados – empresas xigantescos, cun números de empregados ás veces moi superior ó de habitantes de calquera das nosas cidades galegas e potencia económica comparable á do enteiro estado español, pero sen ter que render contas máis que a si mesmas ou a un moi reducido número de propietarios.

Contrapoñer poderes só é posible cun mínimo equilibrio. O apoio público ás dinámicas de autoorganización cidadá e o fortalecemento dunha esfera pública non estatal nin dependente de grandes capitais e empresas é algo ó que non podemos renunciar nun mundo no que os poderes económicos están de compadreo cos políticos mentres a xente se queda sen poder nin posibilidade de controlalo.

Pois iso…

  • Segue este blog en Mastodon ou o Fediverso para recibir novidades directamente.
Ribadeando
Ribadeando

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.462 posts
38 followers


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *