Hoxe tivo lugar a presentación do libro ‘Miscelánea de historias…’ de José Juan Suárez Acevedo. Agradables tres cuartos de hora nos que unhas trinta persoas escoitamos a xénese da obra, de mans do editor Antonio Andina (Eoditorial), unha opinión familiar de man de Adriana Suárez, sobriña do autor, e unha pintura impresionista a base de pinceladas sobre a obra e o autor de man de Chemi Lombardero.
Deixo en baixo o audio e un par de fotos do salón da biblioteca e os compoñentes da mesa.


