Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.348 posts
32 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa de amarinha.gal: Solarpunk, taller de futuros optimistas


Nota de prensa amarinha.gal:

Soberanía Dixital VIII: Solarpunk. Taller de futuros optimistas

-O venres31 de outubro, ás 7 da tarde, a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (r/Antonio Otero, 19), acollerá o evento Soberanía Dixital VIII: Solarpunk.Taller de futuros optimistas Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a un raio de esperanza contestatario fronte á cada vez máis abafante apropiación da rede por compañías privadas e poderes institucionais.

A actividade consistirá nunha presentación, exemplos, reparto de fanzine e máis, incluído un coloquio no que participará toda persoa interesada. Esta é a oitava actividade do ciclo que se está a desenvolver ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, nos locais da Biblioteca El Viejo Pancho, solicitados e concedidos polo concello para sucesivas presentacións e talleres sobre a necesaria a moitas veces esquecida soberanía dixital.

Como complemento, será repartido por amarinha.gal un novo fanzine en galego, neste caso con artigos relacionados cunha dinámica optimista de cara á integración da soberanía dixital nos nosos aparellos informáticos e nas nosas vidas.

A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas, interesadas en mellorar o seu coñecemento sobre a posibilidade de optimismo tecnolóxico, e as implicacións para as nosas vidas.

As actividades do ciclo ata o momento trataron de:

Retomando as prazas públicas / Redes sociais

Temos en común o coñecemento da Wikipedia / Mundo Wikimedia

Sistemas operativos / Linux

Blogs, información descentralizada / Unha alternativa informativa

A IA. Posibilidades e perigos / Un tema enfocado ó futuro

Dominio público / Tamén teu

Contralgoritmia

amarinha.gal en Ribadeando


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *