Nota de prensa amarinha.gal:
Soberanía Dixital VII
O pasado venres 19 de setembro tivo lugar en Ribadeo o evento Soberanía Dixital VII: Contralgoritmia. Tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal el Viejo Pancho, onde nos reunimos expositores de amarinha.gal e asistentes, expoñéndose os conceptos básicos da algoritmia, o seu uso en función do control dos intercambios dixitais e os servicios á sociedade, e da contralgoritmia en función de manter unha independencia da sociedade e o individuo cara ó futuro, e relacionándoo con temas como a contracultura ou a redución do mundo de cada persoa a unha cerrada aldea dixital. Tamén foron presentados algúns instrumentos-programas para evitar a recomendación algorítmica das empresas que controlan as redes sociais.
En pouco máis dun mes terá lugar o próximo evento do ciclo ‘Soberanía Dixital’, “Solarpunk: Taller de futuros optimistas”, que se detallará máis adiante.
En baixo, o vídeo da primeira parte do evento, da man de Lucía Ferro: