Remata de chegar ás miñas mans o último libro polo momento de Celia Castro Fernández e Eoditorial, “Ramón González e Corona Conzález Santos: Un matrimonio de filántropos”. Xunto con el, recibín tamén o marcapáxinas de Juan Estévez Monteavaro.

Como digo, recén recibido, non podo apuntar moito del máis aló de que era esperada a súa aparición, de que xa está á venda, do coidado que se observa na edición ó telo na man, de que fóra do propio corpo do libro ten non só bibliografía, senón webgrafía, de que as ilustracións preséntanse á vista como un complemento agradecido, ou que comeza con dous prólogos de persoas que soan polo seu coñecemento: Juan Soto e Martín Fernández Vizoso. A súa presentación, a mañá do sábado 12 de xullo, será un acto pivotal en plena festa de indianos, á que Celia contribuirá unha vez máis coa súa aportación.