Onte, venres 21 de febreiro, tivo lugar a segunda sesión da serie ‘Soberanía dixital’ mantida por amarinha.gal. “Soberanía dixital II: Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos” tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, cunha asistencia de público que podería ser maior. Deixo en baixo o vídeo en dúas plataformas, FTV e Youtube, por estar aínda a cabalo entre varias cousas no blog (esta entrada terá espello noutra noutro lugar e case seguro sufrirá varias melloras ó longo do tempo), a presentación que foi a base da charla, así como o cartel e o fanzine (editado nun só A3 pare dar como resultado páxinas en A5). O material da fundación Wikimedia repartido (bolis con soporte para móbiles, anticaptura de imaxes, pegatinas, soporte de móbiles…) non é repartible dixitalmente, síntoo!
Espero que vos preste, mentres agardamos pola sesión terceira, o próximo mes, sobre linux. Título, día e lugar concretos, máis adiante!
Presentación: https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/64/Mundo_Wikimedia_amarinha.gal.pdf
Vídeo en Ftv, Fediverse TV:
En Youtube: https://youtu.be/orlzZ-HTX-o
O cartel.

O fanzine: