A banda actuará hoxe en Ribadeo, no concerto ‘aquí como en Viena’ do que puxen o cartel de Chenchu vai días (o cartel na rúa apareceu o día 2). Onde terei o do ano pasado para establecer unhha comparación co deste? Xa aparecerá…
Mentras aparece, unha felicitación que me fixo moita ilusión recibir, aínda que na realidade non é miña, senón que corresponde a todo o equipo da Galipedia, e a máis dun máis que a min.
Coido que xa dixen que a Galipedia pasou de 10000 artigos. Hoxe xa está para chegar ós 11000.
Ribadeo? Pouca cousa de novo: xa hai pediatra e o PXOM xa está na Xunta, e sigo sen saber se houbo algunha modificación no sentido de ter uns criterios xerais de actuación, a máis de declarar (por obriga) cinguirse a determinadas normas ou leis.
E hoxe remata o ciclo de cine para nenos, mentras a carpa parece que tamén está a rematar a súa actuación co fin do curso de madeira. Mañá, cabalgata.
Na outra beira da ría, Gondán ganou un concurso en Indonesia e ten carga de traballo para unha tempada.
—
Sobre Hernán Naval:
Data: 21/9/96 |
Fonte: La Comarca del Eo |
Título:cinismo político |
|
Autor: grupo municipal nacionalista BNG. Pode que o mesmo Hernán sexa o seu autor. |
|
Descrición: comentario sobre a obriga de Hernán a seguir no posto tra-lo pulso con Andina |
|
Comentarios: Pedida autorización, en espera de resposta. Concedida, 05/01/06 |
De catro a catro
CINISMO POLÍTICO
Quizais algún dos leitores entenda que o titular é esaxerado; se así fose, rogamos-lle que agarde ao final para emitir un xuizo e que, mentras, lea con atención. Imos ocuparnos da demisión de Hernán Naval como Director da Escola Municipal de Música.
Comecemos por sinalar que en todo este xa longo asunto fomos sumamente prudentes e discretos. Primeiramente agardamos un tempo, e, logo, simplemente formulamos unha serie de preguntas á Alcaldía; foi no transcurso da sesión ordinaria do Pleno, o día 8 de xullo de 1996. Concretamente interesamonos por saber se o Alcalde decidirá ou non aceptar a demisión de Naval e se tiña pensado pronunciarse sobre dita demisión, tal e como pedía Hernán Naval. Pois ben: na sesión do Pleno do día 9 de setembro de 1996 (dous meses despois) a Alcaldía resposta negativamente a ambas cuestións. Cun laconismo improprio dun órgano deliberante dunha institución democrática disenos que non, ou sexa que nada decidira sobre a demisión do Director da Escola Municipal de Música e que non tiña pensado pronunciarse sobre a demisión.
Pero resulta que o día 11 de setembro o demitido Naval recebe un Decreto polo que se lle obriga a continuar na dirección da Escola, Decreto citado polo Alcalde o día 5 de setembro, ou sexa catro días antes de que se celebrara o Pleno e se nos respostara que nada había decidido. ¿Cómo calificar esta actitude? Pois claramente de cinsismo político, de desprezo absoluto ao Pleno do Concello que foi deliberadamente burlado e enganado. E que ninguén pense que nos van desviar colocando como pantalla ao Sr. Valín. O responsable desta tropelía é o Alcalde. Por iso cremos que quizaís chegou a hora non somente de que se enteren os ribadenses, senón de que o saiba o país. Ademáis; a actitude que veñen mantendo co Sr. Naval é absolutamente persecutoria aquilo que prometeron durante a campaña eleitoral: “Se gañamos Hernán para Siberia”.
Entenderase, agora, a nosa petición ao leitor para que adiara o xuizo até o remate do artículo. E aínda hai maís. Nunca entendimos moi ben para qué se recolleran asinaturas de apoio a Hernán Naval se logo non se lle entregaron a ninguén. Agora xa o sabemos: houbo moita xente que tiña medo a quedar “fichados” por parte do PP. ¿Non lles resulta familiar esta actitude?