Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo, terra de insultos


Nun pequeno oasis sobre a denominación da ría de Ribadeo parece que hai xente empeñada en buscar, cos seus actos, un novo nome á terra de Ribadeo: terra de insultos. Hoxe aparece nos diarios cómo, o mesmo día que se reúne a xunta de seguridade, o alcalde chama chorizo (‘suposto’) ó xefe da oposición. Edificante. Refírome para construír un edificio ben estructurado de colaboración e intercambio de ideas. O suposto motivo: que aquel outro dixera que non ían facer declaracións sobre o tema da refriega supostamente mantida por lo concellal de tráfico e seguridade cidadá, alomenos mentras non se pronunciara o xuíz. Non sei que pensará o subdelegado de goberno do asunto cando se poña hoxe na presidencia da xunta de seguridade, pero supoño a vergoña allea, o bochorno, de moitos cidadáns de Ribadeo polo rifirafe verbal subido que está a ter lugar. Pensando en min, despois de múltiples tropezos con diversos alcaldes, non creo que saíra nunca na prensa, dito por min, un insulto non xa de calibre semellante, senón sinxelamente algo que sexa insulto (opinións sobre comportamentos, si, e duras)

E ségueselle a dar voltas, aínda non feito o ascensor de acceso ó porto, a un descenso ‘electromecánico’ en Os Castros ou en Augasantas. Esperemos que predomine a cordura e non se faga realidade o meter un ascensor nas praias. De seguro acabaríamos axeitándonos, pero é algo que repele de pensalo en frío. Pode que un moderno Leonardo da Vinci poidera facerme variar de opinión, pero mentras tanto… non creo que pague a pena facer un ascensor para conseguir unha bandeira que non é necesaria, e menos se se está pensando en motivos políticos. Igualmente errado considero o tema de plantear o das Bandeiras na UE: non sei se ten competencias ou non, pero se non as ten, non se vai a ningures, e se as ten, o método é xudicial. Doutro xeito, novamente a política se mete por medio, e é un xeito de resolver as cousas, pero se non se fai antes das decisións, despois queda o gusto amargo de ‘saqueino adiante porque os que me respaldan teñen máis poder’ non de ‘saqueino adiante porque era o máis razonable’. calro que así pode que se consiga outro ano o ter as dichosas bandeiras.

Mentres, seguen as obras na autovía, a ponte ten os pilares de terra xa co encofrado suplementario, o polígono está en fase de recepción de alegacións… Federico Mayor Zaragoza falaba onte nun artigo en El País sobre ter presente o futuro nas decisións do presente. Ai!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *