Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Camiño de Ribadeo



Pola estrada camiño de Ribadeo estes días pódense ver cousas curiosas. O tráfego que soporta a N634 en espera da autovía xa non sorprende. Pero si que haxa retencións para entrar e saír de ribadeo, máis que as típicas, por poñerse a facer obras na entrada en pleno agosto. E antes de chegar ó núcleo urbano, abondo antes, un hórreo foi cambiado de sitio por mor das obras da autovía. Quédome pensando… vaia propaganda positiva… significará que farán o paso de peatóns e de bicis e de tractores na ponte unha vez rematadas as obras na autovía?


Se se ven por mar, pódense atopar vistas como a da foto, co tesón das Figueiras pegado á area / lama da Liñeira, e eso a pesar de que nas Figueiras, dentro dun rato, váise botar o barco máis pesado dos que leva parido o estaleiro, e antes houbo que dragar.
Se se ven dando unha voltiña por Vilaselán, atopámonos outra vista: o rego de Vilaselán, seco, como aparece na outra foto. Pero eso, despois de pasar por Meirengos, onde non hai ‘erica vagans’ nin piscifactoría, senón a paisaxe luar que se ve na foto e a estrada asfaltada foi substituída polo que se ve na outra foto, unha especie de camiño de vacas… (estiven a punto de poñer Vacas, pero non)
Claro que, ó chegar a Ribadeo, segundo por onde se entre, pódese atopar a banda ensaiando dun xeito harmónico e disfrutar e atemperar un pouco, que para algo se está no verán.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *