Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Música, educación (segue…)



    O tema da educación é demasiado amplo como para non voltar sobre el de xeito asiduo, e máis se se lle une a tra(n)sgresión ou a relación coa sociedade.

    Quedou onte o dicir de comezo algo xa manido: a música pode calmar. E Bach, a música barroca, de xeito particular; tanto, que ata se ten escrito algunha obra de ciencia ficción sobre unha nova e revolucionaria terapia, que resultaba ser sinxelamente música (unha de Isaac Asimov,pero non podo lembrar o título).

    Quedou dicir tamén que o concello convocou as prazas de profes da escola para este ano, o que non é nova, pero… tiña idea de que ís haber cambios, no sentido de aumentar o persoal fixo, e polo que parece, seguirá así, esperando (pode) unha mellor forma de contratación.

    En canto á educación, cabe repetir que aínda que sexa boa en canto a transmisión de coñecementos e técnicas, sempre será sesgada se non se permite unha liberdade de pensamento, tanto interna á propia educación como externa, no sistema na que está inmersa. E ese fallo educativo nos países comunistas non é único deles, senón que está a estenderse cada volta máis, despois de ter un certo respiro a nivel español unha vez rematada a ditadura. Non hai que confundir unha certa trasgresión con ‘todo vale’, pero si hai que considerar que as normas foron postas por persoas, e son as propias persoas quen as poden cambiar e trasgredir, que é eso o que fai posible o cambio social, e que unha cousa é algo de permisividdade e outra o ‘manga por ombro’ tan caro a algunha xente e que aplicado a nivel social xeral implica a anarquía primando ó máis forte en cada momento.

    De seguro voltaremos no blog sobre o tema, dende este ou outro aspecto relacionado…
En canto a trasgresión en si, parece que algo dos novos, necesario apra a súa creatividade. Nembargantes, a trasgresión creativa pode e debe distinguirse da que é sinxelamente trasgresión coa finalidade de trasgredir, que non soe ser moi creativa, senón destrutiva. Xa dixen na entrada anterior o de sentirme como un ‘sparring’, e veume tamén á cabeza unha película de Sidney Poitier, ‘Rebelión en las aulas’, na que daba vida a un educador que parte do seu traballo o dedicaba a ser dalgún xeito, ‘sparring’. Película recomendable, por certo. 

    As fotos, unha de obras na ría (ría de Ribadeo, claro; recomendo ver un artigo que aparece hoxe na Voz en relación a reparación dun emisario de lixo de Castropol no que se usa outro eufemismo máis para non chamar á ría polo seu nome. Estou tratando de saber por que, aínda que o supoño: a ría cambiará de nome por motivos económicos. E paro este macroparéntese…) que xa levan tempo, pero que hoxe, coa sinalización que teñen, están máis visibles.

    Outra, tellados diferentes en Ribadeo: unha azotea misturada coa fortificación do cuartel vello e sobre el, a torre da telefónica, con algunha antena en regla e outras sen saber. Unha vista parcial da esposición de fotos de Fernando Páez, constituída por dúas series, unha correspondente á súa familia, na súa casa, e outra, ó bar ‘Cantón’, retratando os seus tipos e ritmo.

    Un dos pasos de ‘Ribadeo falls‘ por baixo das galerías, que da algo de medo pasar, e cada vez máis. E unha trasgresión cun certo contrasentido sobre a sinalización: o graffitti de deseño, con plantilla, indicando un orde de fábrica en serie, fordiano, sobre outro orde normativo, e enfrotnado ó graffitti tipo que era típico hai anos, ‘de autor’ sin serie, só cunha marca de identidade… outro día poñerei un graffitti que hoxe ten uns 10 anos (que eu saiba) e continúa sen borrarse, e apreciarase a diferencia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *