Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O tratado non é Europa



No seu momento apuntei na primeira páxina do libriño do tratado para unha constitución europea a frase que encabeza a entrada de hoxe. Certamente, para comezar, chamábanno constitución pero era un tratado, e que non representaba Europa, alomenos ós seus cidadáns, quedou claro, aínda que non es España. A cousa ven a conto de que a pesares de todo, o tratado tiña cousas positivas, e a lexislación (Europea, pero tamén Española, Galega ou Ribadense) tenta protexer, e, salvo inxustizas patentes, hai que traballar para respectala. Evidentemente, toda norma terá furados, pois os hmanos non somos perfectos, e hai voltaas que parece que protexe a quen non o necesita contra quen si lle fai falta. Pero, postos a defender dereitos, hai raios de esperanza con certa frecuencia. Así o PXOM en relación coa Xunta (ver o informe aquí) ven poñer as cosuas algo máis claras, botando para atrás o groso da construcción prevista, pedindo máis zonas verdes e dando un tirón de orellas no sentido de que non tenten meter gato por lebre. É evidente que esto non soluciona todos os problemas, e sería longo de tratar aquí, pero procurando a defensa das normas de convivencia, ás veces, cúmprense. E cada vez que se cumpren é algo que ganamos todos, aínda os que en principio se sinten perxudicados.
Algo a considerar tamén é a indicación de que hai normas xerais que son mínimos, non de cumprimento a rajatabla, e polo tanto no desenvolvemento, os concellos ou que sexa debe afinar máis, xa sexan os metros de servidume costeira, a separación de locais de copas ou a cesión de terreo opúblico en urbanizacións.
Claro que a parte do mundo dos papeis no que tanto nos xogamos, tamén hai despois as cousas máis pequenas, como que dúas rapazas teñas as súas diferencias e tenten solventalas fastidiando o coche da outra, como aparece hoxe no periódico. A sociedade hai que construíla de riba abaixo tanto como de baixo arriba, pouco a pouco, con tesón e sen defalecer, e aínda así, tendo conta que sempre van saír cousiñas ou cousazas que den ó traste coa perfección. E os alcaldes, ou o xefe de goberno, ou un multmillonario, non son máis que persoas normais cunhas circunstancias particulares: de aí que tamén teñan os naturais vicios (e virtudes) humanos e non se poda abandoar a xestión ó seu imperio se non é matizadamente, cun seguimento e interese contínuo dos asuntos por aprte de todos, na medida das posibilidades, aínda que non sexan moitas.

Hai un ano comentaba algo que pensei titular ‘la subasta de Ribadeo‘…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *