Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo, pecunia non olet






Hoxe entereime da orixe do dito ‘os cartos non cheiran’. Parece que a cousa naceu en Roma, cando o Emperador Domiciano, para sacar cartos para o erario público, decideu cobrar por uso dos servizos públicos que había en Roma; eso fixo protestar entre outros, ó seu fillo Tiro, e para convencelo, deulle a ulir unha moeda das recadadas e díxolle: cheira? a resposta, ‘non’ daría orixe ó dito: ‘pecunia non olet’ (sacado do libro ‘Zapatos para el pie izquierdo’). É evidente que a sofisticación do cheire correspondente hoxe faría moito máis aséptico o ulir os cartos procedentes de calquera falcatruada. Por certo, como era sabido, sigue a polémica sobre o PXOM. Boto unha aposta sobre a súa duración.
En fin, como nos encamiñamos ás festas, hoxe hai ilustracións de carteis, que preceden e postceden ós actos, e mesmo poden tentar substituílos, aspiración profunda de toda propaganda.
Hoxe chamo tamén a atención gráfica ás páxinas adicadas a Ribadeo nun periódico: vése unha foto na que un camión, subindo dende Mirasol á Vila Vella, diante dos chalets que non deixan ver a ría dende o novo parque, anuncia na súa visera ‘Barres. Ría del Eo’. Eso pasa o mesmo día que se inaugura a exposición que sae nun dos carteis sobre máis de 400 anos de ‘ría de Ribadeo’. Cousas que amosan que o tema é e seguirá a ser candente, e a longo prazo non está nada craro cal vai ser o nome para a que na actualidade é ría de Ribadeo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *