Deixo para mañá o que ía poñer hoxe, porque a nova pareceume resultona: comezan a rodar unha peli, pintan parte dun pobo (Rinlo) para facela, suspéndese a rodaxe porque non deron conseguido cartos, e … as casas pintadas, que pasa con elas? Segundo parece o alcalde prometeu voltalas ó seu estado inicial. Agora cabe preguntarse con que cartos o pensaba facer. Con que cartos o pensa facer. Claro que os veciños poden estar contentos con como lles pintaron a casa e asunto amañado. Agora que xa estaba botada de novo a alfombra de recepción na rúa peonil, como se da alfombra vermella dos Oscar de Hollywood se tratara…
De calquera xeito, o alcalde está en Italia, onde anuncion onte novamente (non sei ben se é a terceira volta que o fai) que se vai crear o museo dixital famoso e que xa ten financiación para poñelo na rede. Ou sexa, que (salvando as distancias) xa ten amañado o que eu fixen con diversos sitios ó longo de máis de dez anos e de xeito máis ou menos gratuíto, e o mesmo Concello ten solucionado sen gratuidade tamén dende hai varios anos para a súa páxina. Ó mellor é que a prensa non é reflexo fiel das verbas do alcalde, pero o que pon é eso: que conseguiu cartos para o sitio en internet. Claro que eu non son moi serio e podo rirme da situación, e o alcalde de rir, coido que non o faga da situación.