Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre cocer fabas



A quen lle pareza que a política en España (ou en ribadeo) é o máis do máis nalgún sentido, que mire fóra. A última na que caín foi na oprtuna sentencia primeira de Sadam: condénanno a morte como nmun xogo, aínda que pode recorrer, pero casulamente fánno tres días antes das votacións parciais lexislativas nos EEUU. É casualidade que poda publicitalo Bush coma un éxito en plan ‘novamente fíxose xustiza’?
Por estas terras, mentras, aproveitando que é luns e non hai informacións locais, a micoloxía é nova, o mesmo que, outra volta máis, a apertura do parque de bombeiros… a base de manifestacións de protección civil na comarca, e por archisabido que sexa o fondo do tema, cada nova que sae na prensa sobre o parque e a súa cerraqzón embrolla máis na mente da xente o que está a pasar…
Hoxe a foto tardará un pouco máis en cargarse: unha nova foto sacada na exposición sobre a Ría de Ribadeo que se pode ampliar en ventá a parte.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *