El cristo de Palacagüina. A canción que acompañou á revolución nicaraguana no exterior. Canción que representa tamén as dúas caras da moeda, pobreza e riqueza, a traverso de dúas mulleres, unha, non se sabe se fea ou guapa, porque non importa, pobre, que lle lava a roupa á rica, que é fermosa, que ten ropua que se pode gozar… Esta semana houbo eleccións en Nicaragua e tamén nos EEUU. En Nicaragua, Ortega, representante daquela revolución (controvertido, claro, que para algo é político…) venceu nun país que ocupa un dos últimos postos en riqueza a nivel mundial. Nos Estados Unidos, foron os demócratas, e será unha muller quen presida a ćamara baixa, nun país que é o máis poderoso (e por eso dos máis ricos) a nivel mundial.
Por Ribadeo? o comercio testeado por alguén que comprará de incógnito é a nova de hoxe. Próximamente serán novas relacionadas coa piscifactoría en Piñeira, coido… por se acaso, non adianto o tema.
A foto coido que non necesita introdución: Castropol, na Ria de Ribadeo.