Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.499 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ría de Ribadeo, pedregal de Irimia





A elección dun nome pode ser algo serio. Véume á cabeza ó pasar por Meira e ver a teima co nacemento do Miño que teñen entre dous concellos: un, a favor do Pedregal de Irimia, outro a favor de Fonmiñá. Non sei no que rematará todo, pois a propaganda que está a facer Meira non é desdeñable, pero o propio nome, fontemiña, fonmiñá, Fuente miña, fonte miñana, … chama abondo máis que ‘Pedregal de Irimia’ como nacemento para o río. E todo esto, sen entrar nin saír de cal é o ‘auténtico’ sitio de atribución do nacemento.
Coido que algo deso está intentando que pase coa ría de Ribadeo. Como o nome do río é máis curto, e ademáis, é usado en máis sitios pois a cunca do río é ampla, preténdese unha suplantación…
As fotos de hoxe, a ría de Ribadeo en marea baixa en Porto, de xeito que na última vese a transición de río (o Grande) a ría, e nas outras a parte de auga doce, apreciándose o muro de contención na que ten o eucalipto caído.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *