
Da a impresión de que a guerra achégase. Xa máis aló dos desexos de paz e o tentar construír a paz, en xeral para toda a humanidade, a nosa zona é cada vez máis un territorio alterado por aires de guerra. Sexa uns drons en Leipzig hai un tempo, a sabotaxe ó Nord Stream hai máis, ou o botar sobre da fronteira africana de España xentes desesperadas aínda agora, Europa está a verse superada literalmente nas súas políticas, nas súas ideas, no seu día a día, por quen quere guerra. Por quen quere guerrerar, o que leva a, de múltiples xeitos, querer a guerra.
