
O pasado sábadp tivo lugar a comida-homenaxe anual de Amigos del Eo, grupo informal de xentes das Figueiras, Castropol, A Veiga e Ribadeo que de xeito anual homenaxean a alguén relacionado co estudo, difusión e/ou exaltación das terras arredor da ría. Este ano tocoulle ser anfitrión ó subgrupo ribadense, e o acto celebrouse no restaurante da Balastrera, homenaxeando a Celia Castro. Foi despois de comer cando a homenaxeada recibiu os agasallos, neste caso, un cadro Orixinal de Suso Peña-, unha cerámica -de Cancio, representando a ponte da Veiga e a unión de Asturias e Galicia- (e un ramo de flores de José Penzol e Lupe García), e se desenvolveu tanto o agradecemento dela como as verbas de atribución dos catro representantes do grupo -un por vila- apoiando a súa decisión.
Quedan en baixo fotos e textos. Espero engadir máis información á que me pasaron Matilde González, Mati, que actuou de anfitrioa, e a propia Celia).
Textos:
Verbas de Celia Castro:
Verbas de Valentín Torres-Solanot polas Figueiras:






3 respostas a “Xuntanza anual de Amigos del Eo. Homenaxe a Celia Castro”
A reportaxe, moi boa. Parabéns a Celia que é moi merecente de todo ese recoñecemento e máis. Unha aperta
Moitas grazas, Pancho🤗
Parabens a Celia pola súa carreira e traxectoria no mundo da Literatura. Unha forte aperta.