Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.505 posts
40 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pola paz. Ribadeo, 20260524


Este domingo 24 de maio, nova edición da concentración pola paz, diante da casa do concello de Ribadeo.

É difícil avogar pola paz cando se está a cometer un xenocidio. É difícil avogar pola paz cando son secuestrados e maltratados quenes tratan de conseguila. É difćil nun mundo con moitos conflitos, cada un deles coas súas características, cada un deles con atrocidades en xeral por ambos bandos… mais se se quere conseguir a paz, así ten que ser, partindo do que hai. Mesmo empregando verbas como loitar ou vencer, porque son as primeiras que se nos veñen á cabeza en conflitos, aínda que non debera, pero contáxiasenos nunha clara sinal de que tamén a guerra nos fai peores, contamina as nosas frases sen que nos decatemos, e aínda que esa contaminación a distancia non teña comparación co sofremento que están a ter quenes sofren o xenocidio, quenes son torturados , quenes perden familia e amigos, quenes pasan fame …

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *