Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.502 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Homenaxe a Hernán Naval. Parte 1


O sábado tivo lugar a primeira parte da homenaxe que a A. C. Francisco Lanza artellará este ano para honrar a memoria de Hernán Naval.

Fronte do boleto de comida, deseño de Chenchu

O primeiro foi unha comida de confraternización da xente que lle tiñamos consideración. As 80 prazas non deron moito de si, quedou xente fóra.

Na comida falaron o Presidente da A. C. Franciso Lanza, Farruco Graña, e a Concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. Polo momento teño o lido polo representante da Paco Lanza, ó que engadirei, caso de ser posible, o dito pola Concelleira de Cultura. Queda para outra entrada o relativo ó segundo acto, o concerto conmemorativo:

Hernán Naval foi un ribadense máis de acollida que soubo sumarse á marea de actividade cultural que había en Ribadeo.

Pero foi un ribadense que soubo dar un pulo especial á actividade musical en particular e ao activismo cultural, social e político en xeral.

Deixounos moitas ensinanzas ao noso dispor: calquera persoa que tivese participado con el na Banda de Música, ou nas diferentes versións de agrupacións usicais en torno a ela, ben nos podería contar, e así o agardamos esta tarde no auditorio por parte de Antonio Gregorio e Aurora López Rodil, múltiples anécdotas do día a día musical de Hernán ao abeiro da Escola de Música e da BMMR.

Tamén debemos destacar o innovador que foi Hernán en distintos eidos. Onte, na homenaxe que lle brindou a A. C. Pensamento e Sementeira, podiamos escoitar da man de Paco Luis Rodríguez a implicación a nivel galego de Hernán Naval no mundo da música e das agrupacións culturais. Polo que repecta á ensinanza da música foi pioneiro defendeno a filosofía das escolas de música. Ribadeo foi, como noutras moitas ocasións, vangarda a nivel galego destes centros educativos. Saibamos preservar, e sobre todo desenvolver, dito espírito innovador, tal e como o soubemos aplicar na defensa da igualdade entre homes e mulleres, ou na promoción e uso da lingua galega e a posta en valor dos nosos produtos locais e un feixe longo de iniciativas que el tamén defendía e traballaba arreo para que fosen unha realidade.

Estamos na véspera do Día das Letras Galegas, eu quero dicir Día Especial das Letras Galegas, porque Día das Letras Galegas debe ser todo o ano; neste día de celebración da nosa lngua nacional, sempre había unha cita e segue a haber, coa Banda de Música Municipal de Ribadeo: o Concerto das Letras Galegas. Imos facendo ronsel ao longo dos anos, das augas da nosa historia colectiva.E nel podemos contemplar o legado da forza creadora da xente que xa non está connosco e collermos impulso os que aquí seguimos para avanzar máis e máis no desenvolvemento da lingua e da cultura galegas.

Semella que se aveciña algún que outro trebón preñado de oportunismo para minimizar cada vez máis a prsenza dos nosos sinais de identidade na vida colectiva. Estou convencido de que Hernán Naval non ficaría calado e berraría alto e forte contra esa barbarie negacionista e aou mesmo tempo deseñaría novas actividades coa participación conxunta de todas aquelas persoas que senten orgullo polo seu, pola súa lingua.

Agradeceu á Deputación (Vicepresidencia primeira, área de Cultura), e ó Concello. Á Banda Municiapal de Música de Ribadeo, Coral Polifónica de Ribade e Amadores da Música. A Hortensica, Fernando Fernández, Luís e Macu, Isidoro e Aurora, por facilitar fotos e vivencias. A Chenchu, por dar imaxe a todo este proxeto, A Hugo, por toda a variada colaboración, Antonio Gregorio e Aurora López Rodil, polo mesmo. A Paco Luís, Xiana e Lucía, da parte de Pensamento e Sementeira.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *