Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.486 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hernán Naval. Nota de prensa da A.C. Francisco Lanza


OS ACTOS CENTRAIS DA HOMENAXE A HERNÁN NAVAL DA ACFL VANSE CENTRAR NO SÁBADO 16 DE MAIO, AÍNDA QUE SE EXTENDERÁN ATÉ O VERÁN.

O vindeiro 16 de maio vanse desenvolver os principais actos da homenaxe a Hernán Naval que está a preparar a Agrupación Cultural Francisco Lanza: serán un xantar de confraternidade e un concerto. Estes actos de homenaxe organizános conxuntamente, en Viveiro e Ribadeo, as agrupacións culturais Pensamento e Sementeira e Francisco Lanza. Para a organización destes eventos, pola banda da ACFL, estamos a colaborar con Amadores da Música, Coral Polifónica de Ribadeo, Banda de Música Municipal de Ribadeo, Escola Municipal de Música, o Concello de Ribadeo, e persoas que, a título individual, poden facer moitas achegas pola súa experiencia vivida con Hernán Naval.

En Ribadeo, o sábado 16 de maio, ás 14,00 h., imos celebrar un xantar de confraternidade no restaurante O Mariñeiro no que, ademais de gozar dunha boa mesa, imos dedicar unhas breves palabras en lembranza de Hernán. O prezo do menú é de 40€ e pódense recoller tarxetas de convite na Cafetaría O Cantón, na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, e en Oxalá Serigrafía.

Posteriormente, ás 19h., no auditorio Hernán Naval, desenvolverase o concerto homenaxe a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo e da Banda de Música Municipal de Ribadeo. Haberá actuación específica de cada unha das agrupacións musicais ademais dunha interpretación conxunta.

En paralelo, e cara á fin de semana na que se van desenvolver estes actos, na Escola Municipal de Música e Danza imos facer unha exposición lembrando a actividade musical, asociativa, cultural e social de Hernán Naval a través dunha serie de paneis nos que poderemos contemplar distintas fotografías da vida e obra de Hernán. Ademais, lembraremos distintos carteis anunciando as diferentes actuacións da Banda de Música e de audicións da Escola de Música.

Posteriormente, cara ao mes de xullo, e cando a celebración das Xornadas de Historia Local, nesta edición vai ter un peso singular a figura de Hernán Naval. Aproveitaremos  testemuña de varios alumnos e alumnas seus que nos poderán mostrar a importancia do labor educativo de Hernán Naval e como hoxe en día aplican ditos coñecementos en diferentes ámbitos profesionais. Imos ofrecer tamén un concerto a cargo dun grupo de música de cámara composto por exalumnas e exalumnos seus.

Reaccións do Fediverso

Unha resposta a “Hernán Naval. Nota de prensa da A.C. Francisco Lanza”

Deixa una resposta a Chenchu López Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *