Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.455 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES


NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

        Seguindo co tema do grupo eléctrico no quiosco (parque infantil) temos que dar conta da resposta do Sr. Alcalde que aparece nun medio o sábado día 7 de marzo e di así: “Ese problema arranxouse xa hai un ano”, “foi unha das primeiras cousas que fixemos porque nos alertaron de ese risco e pasamos aviso para que se solucionase de maneira inmediata” (as comiñas  aparecen no texto, non son nosas, ou sexa significa que é unha resposta literal) .

         Como non queremos entrar en polémicas o primeiro que fixemos foi comprobar que a porta seguía aberta o domingo día 8 e, deseguido, tomamos a foto da porta aberta con un periódico dese día (a data vese mellor ampliando). O documento gráfico non deixa lugar a dúbidas, o domingo día oito de marzo a porta seguía aberta.

         Finalmente o martes, día 10 de marzo, ás 10.30 h comprobamos que a portiña estaba pechada de chave.

        Imos facer un breve resumo dos antecedentes:

1º O  martes, 24 de febreiro, un membro desta plataforma observou que tres pícaros estaban agachados xunto dun portexo aberto na base do quiosco e que xa iban meter a man nunha instalación eléctrica  que alí había. Deseguido botou de alí aos nenos, avisou aos pais, pechou a portiña e chamou por teléfono á policía municipal, que amablemente tomou nota e dixo que xa avisaba a quen correspondese. O tema comentouse no noso chat e deuse por resolto porque ninguén se imaxinaba o que despois sucedeu.

2º O venres 27, mais que nada por curiosidade ao pasar por alí miramos a ver se a porta estaba pechada, coa sorpresa de que non estaba pechada de chave. Como consecuencia, demos unha nota de prensa que acompañamos cunha foto, contando que sería a mellor maneira de chegar a unha rápida solución.

3º O domingo 29 pasamos por alí e comprobamos que a porta seguía aberta non só de chave senón aberta de todo. Ou sexa que seguramente algún neno xogando a deixou así, porque non nos imaxinamos que alguén o fixese adrede. Como sabemos que as cousas de palacio van como van, agardamos que pasasen uns días a ver se se daba amañado.

4º O Sr. Alcalde quixo deixarnos por mintireiros declarando que o asunto estaba resolto dende había un ano pero os documentos gráficos deixan ben claro quen di a verdade e quen non. Quince días para pechar a portiña! e vai ti saber o tempo que levaba así.

Reaccións do Fediverso
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *