
Nin son venezolano nin sei a quen tería votado nunhas eleccións nese país, de ter voto e estar máis enterado do que estou da súa política interna. Iso non importa para condenar un ataque ordenado por Trump contra un país soberano, causando deceas de asasinatos, e o secuestro do seu presidente. Máis aínda despois de múltiples provocacións non atendidas por Venezuela, con xente rematada en alta mar coa escusa de ser transportistas de droga e o país un narcoestado, mentras os EEUU sosteñen un xenocidio e unha guerra interna contra a súa propia xente.
