Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.358 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Solarpunk en Ribadeo


Nota de prensa amarinha.gal:

Soberanía Dixital VIII: Solarpunk. Taller de futuros optimistas

O pasado venres 31 de outubro tivo lugar en Ribadeo o oitavo evento do ciclo Soberanía Dixital, baixo o título “Solarpunk. Taller de futuros optimistas”. Como en anteriores ocasións, desenvolveuse na Biblioteca Pública Municipal el Viejo Pancho, onde nos reunimos un total de quince persoas arredor da proposta mensual de amarinha.gal. O acto tivo dúas partes ben diferenciadas. Nunha primeira, Lucía Ferro, que actuou de ponente, presentou as ideas básicas do que é Solarpunk, facendo fincapé a máis no medio de desenvolvemento desas ideas. Despois, pasou á participación dos asistentes, que escribiron e logo explicaron e debatiron diversas accións encamiñadas a posta en marcha do futuro cunha visión fresca e optimista.

O acto foi acompañado co reparto dun fanzine con artigos relacionados.

O próximo mes terá lugar o seguinte evento do ciclo ‘Soberanía Dixital’, neste caso destinado ó manexo e control das ferramentas coas que nos relacionamos coas institucións, “Administración electrónica. Ferramentas e axuda’, para o que se pediu ós asistentes que transmitiran as necesidades que observen, da petición de cita no Sergas á instalación de Chave365 ou o certificado dixital, por poñer varias posibilidades.

Reaccións do Fediverso
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *