Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
8.476 posts
38 followers
Seguir a Ribadeando
Perfil
Paste my profile into the search field of your favorite open social app or platform.
O teu perfil
Or, if you know your own profile, we can start things that way! Why do I need to enter my profile?
This site is part of the ⁂ open social web, a network of interconnected social platforms (like Mastodon, Pixelfed, Friendica, and others). Unlike centralized social media, your account lives on a platform of your choice, and you can interact with people across different platforms.
By entering your profile, we can send you to your account where you can complete this action.
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Leo unha nova dos últimos dias que leva un titular inocente: “China fíxase como prioridade para a próxima década acadar a autosuficiencia tecnolóxica”. O certo e que o titulo podería estar asi mesmo en calquera xornal, como nova que se desprende do ultimo Comité Central do Partido Comunista Chino, que fixou un novo plan quinquenal.
En contraposición, aquí podemos retomar o tristemente célebre ‘que inventen eles’ do Unamuno de hai case 120 anos. Volvín a esa frase despois de ver o título citado, para lembrar o seu contexto. E lembrei, que Unamuno, no medio dunha discusión con Ortega y Gasset, alegou que ‘nós’ (é dicir, ‘o pobo español’) tiñamos outras virtudes que non lle teñen que envexar á inventiva que amosaban diversos países europeos que non deixaban de comernos algunha sorte de espazo vital, non tantos anos despois da perda das colonias de Cuba e Filipinas. Ou sexa, non é que Unamuno estivera desprezando a investigación e innovación europea do momento, senón que non consideraba o ‘pobo español’ como inferior por non dar moito froito neses vectores de avance cara ó futuro.
Pero, quedarmonos co título da nova ou co dito de Unamuno, non é máis que un xeito de dar por rematado unha discusión antes de comezar a discutir, sen ir máis ó fondo. O certo é que, por moito que o titular sinale un futuro de autosuficiencia china ou un pasado de certo orgullo e inconsciencia española, o mundo e os tempos aumentaron en complexidade. E digo isto porque por unha beira, o ano de comezo da discusión entre Unamuno e Ortega, Ramón y Cajal foi Premio Nobel de Medicina. E, pola outra, as últimas promocións de enxeñeiros chinos son máis numerosas que as promocións correspondentes do conxunto do resto da humanidade, mentres China lidera xa o número de novas patentes en diversos campos, dende a telefonía 5G ás baterías eléctricas, e está mellor situada que occidente en moitos campos da tecnoloxía. Hai varias décadas, un produto tecnolóxico alemán considerábase por defecto, o mellor, mentres que os produtos que viñan da China, tamén por defecto, eran vistos como malas copias. Iso cambiou. E, se ben a tecnoloxía alemá aínda non perdeu de todo a súa áurea, os produtos chinos compiten en xeral en igualdade de calidade e con prezo favorable e acaparan cada vez unha parte maior das innovacións.
Sábese que durante moito tempo a China estivo tecnoloxicamente máis avanzada que Europa (daquela, América aínda non era América), chegando de aló da pólvora ó papel, pasando polo compás magnético, a cerámica ou a seda. A máis de chegar dende alí as célebres laranxas da China ou as Camelias compartidas co Xapón. É dicir, a pesar da imaxe que puideramos ter dos chinos hai uns anos, historicamente non é nada novo que lideren boa parte das novidades tecnolóxicas, e non nos debera de coller de sorpresa. Iso si que pode ser novo: a nosa sorpresa desconcertada e pasiva.