Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.349 posts
32 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Que é a paz?


Manuel Dios Diz, falando

De man do Foro Social da Mariña, o xoves tivo lugar unha charla pacífica. Manuel Dios Diz, un referente nos movementos pacifistas non só de Galicia, senón do estado, estivo en Ribadeo para, despois de facer un pequeno bosquexo histórico dos movementos, tentar centrar o debate sobre a Paz, asentándoo nunha base sólida. Case media centea de persoas sentámonos no salón de actos da antiga Caso do Mar, agora da Escola de Música, para escoitalo, intercambiar pareceres e aprender. Unha charla que se quedou curta, a pesar de que co debate durou algo máis de hora e cuarto. Moito a comentar (de feito tinervín na rolda do público, aló polo minuto 42 do audio), difícil de resumir. Deixo en baixo o audio, axustando que se gravou un vídeo que non sei aínda se está colgado (cando me entere, poñerei aquí a ligazón)

Un momento antes de comezar a presentación
http://Cartel anunciador da charla
Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *