Paz. Esa é a verba que leva varios anos mantendo a concentración dominical en Ribadeo. Mais, dende o seu inicio co inicio da invasión da Ucraína por Rusia, as ideas evoluíron, e desatouse a masacre de Gaza por Israle, que volveuse xenocidio ramificado con ataques a diversos países, e ós irmáns de gaza en Cisxordania. A escalada, a nivel mundial segue. Segue aumentando en Rusia ó tempo que se diversifica dende Israel, e na descomposición, ábrese paso noutros países con diferentes niveis de agresividade…
O pasado domingo, a concentración de Ribadeo veuse secundada por outra concentración e protesta á saída da volta a España na Veiga, pola protesta no alto da Garganta, porto puntuable na etapa, polas detencións na chegada en Monforte ou no Corgo, onde un policía fixo que dous ciclistas caeran a causa do seu paso para evitar que un manifestante invadira a estrada, cando xa tiña caído na cuneta… e é que na Vuelta e España que comezou en Italia participa o equipo Israel Premier Tech, coa misión de maquillar o nome do país do xenocida Netanyahu. Aínda que hai quen tenta ocultalo, a campaña contra a participación do equipo co nome de Israel na volta está a ter efecto.
Deixo a continuación a convocatoria deste próximo domingo, algunha foto da concentración en Ribadeo feita por Suso, un vídeo e algunha foto da Veiga, pasados por Mati, e algunha miña da Garganta.









