Onte, día 21, tivo lugar a concentración contra o lume en Ribadeo. Unhas 200 persoas, concentradas diante do concello como presión para tentar unha política de desenvolvemento forestal que permita un futuro ó rural e a todos nós, sen o sufrimento que implican os fogos queimando unha superficie como nove veces a do concello e Ribadeo. Na TVG, ningunha nova sobre esa ou outra das concentracións. En xeral, pouca ou ningunha información nos medios. Deixo fotos de Mati.





Unha resposta a “Contra o lume, en Ribadeo”
estiven e sobraban-me todas as bandeiras e a mitade das consignas, ben o minuto de silencio e as palabras de Isabel Vilalba, por unha Galiza libre das desfeitas que lle están a facer