Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.298 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota informativa sobre o Centro de Saúde de Ribadeo (31/07/25)


NOTA INFORMATIVA  DO COLECTIVO POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

        O pasado día 29 de xullo o Concello de Ribadeo tomou posesión dos terreos  adquiridos enfronte da Estación de Servizo para construír un novo Centro de Saúde. Deuse así un  paso mais para levar adiante o demencial proxecto de pechar o actual centro, situado no medio do casco urbano e levar este servizo a un km, cos graves atrancos que ten pola longa distancia, as rotondas, o mal estado dos viais e outras deficiencias que xa temos denunciado. Aínda onte, 30 de xullo, fixemos un reconto, ás doce da mañán, dos vehículos que pasan por esa zona e puidemos comprobar  que chegan aos 24 por minuto, ou sexa cáseque un por cada dous segundos. Imaxínense o que será engadir outros 400 ou 500 automóveis entrando e saíndo todas as mañás dos días de diario. O Sr. Alcalde foi advertido repetidamente desta situación, pero non hai maneira ate agora de que entren en razón,  nin el nin a Xunta de Galicia promotora desta desfeita que traerá moitos inconveneintes as persoas usuarias. Aínda mais, o Sr. Alcalde chegou a declarar que así estaba mais preto de Burela. Con ese razoamento poderíano poñer na Devesa, e así, os terreos sería aínda máis baratos. Nas pasadas semanas o noso colectivo repartiu no mercado e na vila unhas mil follas informativas sobre esta cuestión, comprobando o pouco informados que están @s veciñ@s e tamén a rexeita que suscita este proxecto en algunhas persoas máis sensibilizadas.

        Pola outra banda, os informes económicos, tanto da Intervención do Concello de Ribadeo, como da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia ao cumprirse dous anos de este goberno municipal, revelan que a situación económica  está marcada por unha xestión moi deficiente, con unha débeda que excede en gran medida a capacidade do concello e que “incumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria polo que debe adoptar medidas en relación ca non dispoñibilidade do fondo de continxencia…” según Facenda da Xunta e “…existe unha débeda comercial pendente de tramitación por un importe de 952.791,76 euros, a cal non conta con crédito adecuado e suficiente…” segundo o informe técnico do Servizo de Intervención do propio concello. Para calquer observador/a obxectiv@ folga suliñar que a situación ten que ser verdadeiramente caótica cando estes informes de funcionarios titulados, non de particulares nen de partidos políticos, chegan a expresarse en termos tan rotundos. Ou sexa o concello está levando uns gastos desproporcionados e descontrolados e aínda pretende  mercar uns terreos para construír un novo centro de saúde absolutamente innecesario, a un km do actual e do casco urbano. Non ofenderemos á intelixencia do lector ou lectora con máis comentarios, nin poñeremos por escrito o que pensamos por un principio de cortesía  cas institucións democráticas que non  deberan  ser chapuzadas polas decisión políticas dos ocupantes conxunturais. So engadiremos que isto é o que se sabe con documentación oficial a día de hoxe, pero quedaremos á espreita do que vaia saíndo…

        Outros temas que poderían ser de interese para a veciñanza son os seguintes:

  1. Moitas das táboas do asento do parque infantil teñen as cabeceiras desfeitas e soltas e os parafusos que as suxeitan andan por alí bailando, o que supón un risco para os centos de nenos e nenas que por alí xogan no cotián. O tema podería ser comprensible en xaneiro pero deixa en moi mal lugar á política de conservación e mantemento do concello nun asunto tan sensible e aínda máis en plena tempada de vacacións. Xa nos entendemos.
  2. No parque infantil do barrio de San Miguel confirmouse a desfeita prevista e proxectada pola alcaldía. Arrancáronse as sebes de Aligustre que non prexudicaban a ninguén e aínda protexían de posibeis caídas e daban verdor á contorna, para ser substituidos por un valado de madeira que non era incompatible cos macizos e que nalgún punto pode ser ata perigoso. E caro, maiormente onde non sobran os cartos.
  3. Na rúa Luz Pozo Garza hai oito árbores ornamentais da variedade Cercis Silicuastrum, unha fermosura cando medren, se chegan… Resulta ser que un xa está seco, con toda evidencia por falla de rego,  xa que veñen dos viveiros con bo cepellón e non soen fallar. Dos outros sete, catro están medio dobrados por medrar no seu tempo e non substituírse os tutores por outros mais axeitados e suxeitarse como é debido e naturalmente se non secan antes, en pouco tempo os  restantes seguirán o mesmo camiño.

Sobran comentarios, seguiremos informando e aceptamos que nos retruquen, pero aquí so se exponen datos verificables e documentos oficiais.

Ribadeo, 5 de Agosto de 2025

PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

Reaccións do Fediverso

Unha resposta a “Nota informativa sobre o Centro de Saúde de Ribadeo (31/07/25)”

Deixa una resposta a Pancho Campos Dorado Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *