Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.298 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Éxito da proxección ‘O barco de vapor de Bill Jr.’


amarinha.gal

Nota de prensa

Éxito da proxección ‘O barco de vapor de Bill Jr.’

O pasado sábado 2 de agosto tivo lugar no teleclube sede da asociación de veciños A Parrala, da Rilleira, o primeiro pase da cinta ‘O barco de vapor de Bill Jr.’.

A presentación foi seguida con interese polo púbico asistente, que ó final desfrutou asemade dun momento de distensión cunha merenda aportada por A Parrala.

A lembrar que a película Steamboat Bill Jr., protagonizada por Buster Keaton, é muda e entrou xa no Dominio Público, co que se lle puideron modificar libremente as cartelas de texto, cousa que realizou José Manuel Ventoso, quen deixa tamén o resultado no Dominio Público. A cinta estará en breve a disposición para ser proxectada noutros lugares.

amarinha.gal adianta que o próximo evento do ciclo ‘Soberanía dixital’ está previsto que teña lugar na biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo o día 19 de setembro, tendo como tema a ‘Contralgoritmia’, o movemento que tenta limitar o poder dos algoritmos que nos dirixen e discriminan no mundo dixital.

Reaccións do Fediverso
,

Unha resposta a “Éxito da proxección ‘O barco de vapor de Bill Jr.’”

  1. olá, pois si que o pasei moi ben e se se pode proxectar na biblioteca maravilhas será unha maravilha dentro doutra 🍀🤝🏽
    parabéns a todas as que o fixestes posíbel porque si é certo que nos lugares pequenos se poden levar a cabo cousas como estas intentando que outro mundo mellor é posíbel
    moitas graças rosa

Deixa una resposta a rosa Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *