Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Lembrando a Castelao, en Ribadeo


Onte tivo lugar unha charla. ‘Castelao Nacionalista Galego’ se titulaba. Manuel Rei Romeu, introducido por Pablo Vizoso Galdo e presentado por Iria Cotelo Cociña presentou unha visión de Castelao que incluía a política, si, pero estimo que máis o pensamento e sempre sen perder de vista a súa expresión artística. Nun auditorio da casa do mar cunhas cincuenta persoas, a charla desenvolveuse nun ambiente agradable. Deixo dous audios, un da intervención primeira, e outro, da rolda de preguntas, e un vídeo de boa parte do repaso feito á interpretación da súa obra gráfica. Este último, cortado de xeito brusco ó recibir unha queixa por tras de min.

,

2 respostas a “Lembrando a Castelao, en Ribadeo”

  1. @ribadeando No primeiro minuto empregou un argumento un tanto cuestionable para defender os nacionalismos. Soábame a algún alemán de antano…

    Mais está ben o repaso do traballo de Castelao, ainda que non guste da interpretación que se lle dea.

    • Non quixen entrar en valoracións, deixando só a testemuña. O facelo levaríame a poñer en consideración algunha cousa máis sobre ideas do relator e a consideración do acto como de propaganda, primándoa en moitos momentos por riba da exposición de feitos.

Deixa una resposta a agremon Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *