Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Da eclipse


Unha eclipse de Sol non é algo que ocorra tódolos días, pero si foi algo que ocorreu onte. En Ribadeo, medio anubrado, non houbo as mellores condicións de observación, pero aquí quedan dúas fotos, obtidas por Suso Fernández a primeira e por Luis Barredo a segunda:

Vese que o método de obtención foi diferente, que primeira captou un maior grao da eclipse e que as nubes dificultaron a labor…

Aínda que en ano e medio, en agosto de 2026, volveremos ter un eclipse de Sol que nos tocará de cheo, este de hoxe non deixou de ser unha ‘preparación’… E está visto que hai xente ‘de a pé’ que está preparada!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *