Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.543 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: ciencia

  • A un mes da eclipse: O libro da eclipse

    Hai un par de meses rematei un libriño, encargo sobre a eclipse de Sol que terá lugar este 12 de agosto de 2026. A pretensión era a súa publicación en papel, mais ó final non sairá impreso, polo que, a un mes do acontecemento, aquí queda para quen queira aproveitalo. Vai sen tapas, estimando que…

  • Entrevista sobre a eclipse

    O 9 de maio, despois de dar un par de charlas no CRA Ría del Eo (Pásalle isto a Manuel V https://tentandoeducar.wordpress.com/2026/05/06/iluminando-a-eclipse/ , https://www.ivoox.com/ser-occidente-vegadeo-cra-ria-eo-charlas-eclipse-audios-mp3_rf_173252464_1.html ), fixéronnos unha entrevista en COPE Ribadeo sobre a eclipse a Alfonso Piñeiro e máis a min. Aquí queda a ligazón para acceso á entrevista que nos fixo e ó texto…

  • Nota de prensa do CCG na concesión da medalla instucional a Díaz Fierros

    Adxunto a nota de prensa do Consello da Cultura Galega con motivo da concesión da medalla institucional a Díaz Fierros: Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, medallas da institución A filóloga estadounidense Kathleen March (Rochester, Nova York, 1949) e o edafólogo Francisco Díaz-Fierros (Vilagarcía de Arousa, 1941) recibiron este martes as medallas do Consello da Cultura…

  • O AVÓ DA BIOQUÍMICA GALEGA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    O AVÓ DA BIOQUÍMICA GALEGA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    O AVÓ DA BIOQUÍMICA GALEGA Xosé Carlos Rodríguez Rañón O que hoxe é a empresa Pharmamar-Zendal (vencellada no seu momento tamén a Pescanova) naceu como Zeltia en 1939 a partir do Instituto de Investigación Miguel Servet de Vigo. Nela traballou Fernando Calvet (onde coincidiría con Alexandre Bóveda, contábel da fábrica), catalán formado nas universidades de…

  • Preparada a feira da ciencia de Ribadeo!

    Preparada a feira da ciencia de Ribadeo!

    A trixésima edición da Feira da Ciencia en Ribadeo está xa preparada para o 11 e 12 de xuño. Eis o cartel: Como complemento da entrada, as ligazóns á Galipedia para as biografías de Rosalind Franklin, Francis Crick, e James Watson. – As feiras de ciencia neste blog As feiras de ciencia na versión vella…

  • Feira da Ciencia IES Galileo Galilei

    Feira da Ciencia IES Galileo Galilei

    Hoxe rematou a edición do 2025 da Feira da Ciencia do IES Galileo Galilei de Navia. Como outros anos, a feira coordinada por Roberto Manín foi un éxito. Como outros anos, visiteina. Deixo en baixo o díptico, unhas cantas fotos, un par de vídeos e outro par de ligazóns. Feiras de outros anos, no seu…

  • Da eclipse

    Da eclipse

    Unha eclipse de Sol non é algo que ocorra tódolos días, pero si foi algo que ocorreu onte. En Ribadeo, medio anubrado, non houbo as mellores condicións de observación, pero aquí quedan dúas fotos, obtidas por Suso Fernández a primeira e por Luis Barredo a segunda: Vese que o método de obtención foi diferente, que…

  • Visitando a Rosalía

    Visitando a Rosalía

         Deixo a ligazón á noticia de gCiencia. O cometa Tsuchinshan-ATLAS (C/2023 A3), que mantivo estes días pasados a actividade astronómica a nivel mundial, visto dende a praia de Baldaio ó anoitecer do 20 de outubro, pasou preto do fondo de estrelas onde se atopaba a estrela Rosalía de Castro, e foi fotografado en tal…

  • Verbas na entrega dos Bíteres de Honra

    Verbas na entrega dos Bíteres de Honra

         Conforme quedei na entrada ‘Primeiros bíteres de honra‘, adxunto os textos que se escoitaron na entrega, por parte de Marta Macho, e o esquema (artellado como redacción por min) correspondente ás verbas de Manuel Rivero para o peche do acto: —      Verbas de Marta Macho-Stadler: Moitas grazas, dende o fondo do meu corazón.…

  • Ceo con tren de estrelas móbiles

    Ceo con tren de estrelas móbiles

    Ceo con tren de estrelas móbiles     Mirar ó ceo en Galicia significa, moitas veces, ver unha masa nubosa sobre as nosas cabezas. Mais, moitas outras, mesmo nas longas noites de inverno, aparece un ceo estrelado que invita á tranquilidade e o desfrute do firmamento entre o frío reinante. Luns era unha desas, totalmente despexada…