Séguense a suceder as convocatorias en Ribadeo. Máis aínda sendo tempo de antroido que coincide a súa finalización pasado mañá co 8M. Por iso cabe lembrar a máis das actividades festeiras, coido que abondo publicitadas, outras máis reivindicativas, como as correspondentes ó 8M, que tamén teñen a súa difusión, e outras máis esquecidas polos medios -e pola cidadanía–
Entre estas últimas está a concentración mensual sobre as pensións, que tivo lugar o sábado pasado ás 12 como primeiro sábado de mes, xa comezadas as festividades do antroido, e á que corresponde a foto de embaixo, obra de Enrique Fernández Rivas. Desafiando o forte vento, concentráronse en demanda de pensións e servizos públicos dignos, conforme ó lema ‘Goberne quen goberne, as pensións e os servizos públicos deféndense’

E logo, os carteis das convocatorias pasada e desta que ven do domingo ás 12:30, pola paz, feitos por Suso Fernández:

