A AGRUPACIÓN CULTURAL FRANCISCO LANZA ESTÁ A ORGANIZAR UNHA VIAXE CULTURAL A SADA E BETANZOS PARA O VINDEIRO SÁBADO 22 DE MARZO.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza está a organizar una viaxe cultural a Sada e Betanzos para o vindeiro sábado 22 de marzo. Achegarémonos aos Pazos de Meirás e de Mariñán, e tamén percorreremos as rúas de Sada para contemplar as súas edificacións modernistas e a zona histórica de Betanzos. Así mesmo, visitaremos os exteriores do complexo de Cerámicas O Castro, en Sada.
O límite de prazas é de 37 persoas.
O prezo da actividade será de 50€ para soci@s e 60@ para non soci@s (viaxe, xantar e entradas incluídos).
O guión da actividade está previsto deste xeito:

- Pendentes de confirmación por parte da empresa. Pero moi probabelmente saiamos ás 8,30.
- Hai varias opcións, pendentes de confirmar o lugar, que será pola contorna.
Haberá que facer preinscrición (desde hoxe até o xoves 13) enviando correo electrónico a agrupacionfranciscolanza@gmail.com Anotaremos por rigorosa orde de chegada das mensaxes. Notificaremos, devolvendo o correo, que quedan inscrit@s. En caso de que alguén envíe correo e xa quede cuberto o cupo notificarémoslle que queda en lista de agarda por se houbera algunha baixa.
E desde o momento en que reciban o correo confirmando a inscrición, poderán facer xa o ingreso na nosa conta de Caixa Rural ben por transferencia bancaria, ben persoalmente na ofician de Ribadeo indicando o nome da persoa e poñendo como concepto VIAXE SADA-BETANZOS. En todo caso, o ingreso deberase facer, a máis tardar, o xoves 20 de marzo.