Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo e medio ambiente. Santa Cruz e as Aceas


    Mirando cousas da semana, chego a dous puntos concretos, ambos relacionados coa natureza.

    O primiero, Santa Cruz. Aló, hai tres semanas, publiquei unha entrada co aspecto provisional que tiña daquela. Agora, o que presentaba esta fin de semana:

    É dicir, adeus seto, a máis do desmeste de arbustos que se fixo. Pola casa da ría, preferín non pasar.

    O outro tema, a prolongación do camiño das Aceas, ven a conto de que a comezos de semana fíxose o anuncio de ‘información pública’ do proxecto (que deixo en baixo) e o propio procecto (máis abaixo). Un proxecto de máis de mil páxinas no que se poden otear planos e detalles, aínda que non se vaia ler todo. Onde se pode ver que unha vez máis non hai previsto ou acompañamento dun proxecto de impacto ambiental, ou que o título do proxecto é enganoso en relación á realidade. Pero non por iso deixa de ser interesante.

    O proxecto pódese consultar aquí, ou aquí, a máis de na sede electrónica do concello. Deixo dúas capturas (sen modificar; o que aparece a man non o puxen eu) Para dar unha idea de onde, como… Por certo, chega a entroncar coas vías de ferrocarril actual e do ferrocarril mineiro a Vilaoudriz. (na Galipedia)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *