Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Case un ano despois das eleccións, unha lembranza


     Hai un ano por estas datas estaba a comezar o proceso electoral. Aínda quedaba para as eleccións municipais de 2023, pero xa había movementos diversos, anuncios, etc, como preludio. De feito, xa pasara máis dun mes dende que se presentara o primeiro dos candidatos, o do PP, actual alcalde, aínda que faltaran meses para completar a constitución do pleno no concello.

    Por iso, hoxe, un ano despois, co mandato, grupo de goberno e oposición en marcha, non está de máis lembrar o que daquela se comezaba a prometer, os programas electorais que ían presentando os partidos. Aquí quedan os correspondentes ós partidos que obtiveron representación, PP, BNG e PSdeG-PSOE. Unha nota previa: os programas están sacados de onde puiden, e o formato non é igual. Que non se interprete como ‘decoración’ diferencial, pois o interesante é o contido.


programa bng ribadeo 2023.pdf from Antonio Gregorio Montes


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *